Curso de formación do profesorado
| Descargar folla de inscrición | |
Introdución
O uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións, a través da internet, fai posible non só o acceso ás páxinas web, que nos serven de medios de traballo senón a unha inmensa fonte de información coa que tamén podemos ampliar diversos aspectos dos contidos e materiais do curso.
Este curso pretende ofrecer aos profesores que imparten o programa unha serie de coñecementos básicos sobre adiccións e drogodependencias, de maneira que poidan desenvolverse con soltura no tratamento desta problemática e servir como punto de referencia, sólido e fiable, ante as expectativas que poidan xurdir desde o alumnado. Os contidos do curso son seleccionados e desenvolvidos desde a perspectiva do alumnado de maneira que poidan responder ás súas necesidades e inquietudes, tanto formativas como informativas.
Destinatarios
Profesores dos centros escolares participantes no programa de Educación en Valores para a Prevención do consumo de alcohol e outros trastornos adictivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC “CINENSINO”.
Contidos
- Contidos teóricos: (20 horas)
O temario do curso teórico se presenta a través dunha plataforma de teleformación (PTF) con fácil acceso xa que só precisa a conexión a internet e acceder á dirección web www.cinensino.com . Este temario está estructurado en 3 módulos. O módulo 1, titulado “coñecer para educar” céntrase en aspectos introductorios xenéricos sobre o tema das adiccións, así como no papel da información e do profesor no ámbito da prevención. O módulo 2 “da causa á prevención” recolle os principais factores que poden estar incidindo no inicio dos trastornos adictivos, abordados desde os diferentes ámbitos polos que transcorre a vida dos adolescentes. No seu conxunto tratan de dar luz á cuestión de como e porqué se inician en manteñen os trastornos adictivos . No módulo 3, titulado “da situación á intervención” preséntanse as tendencias actuais en canto a trastornos adictivos e comportamentais se refire, así como as etapas de iniciación e cuestións puntuais que adoitan xurdir ó tratar estes temas con mozos e adolescentes.
- Contidos prácticos: (12 horas)
Cumpriméntanse coa aplicación na aula de cada unha das tres unidades didácticas de que consta o programa. O tempo de aplicación requerido para cada unidade didáctica é 4 horas como mínimo (ampliable se o profesor o considera pertinente).
Prazas e criterios de admisión
O número de prazas corresponderase co número de profesores/as inscritos/as no programa e non poderá exceder de dous profesores por aula de cada centro escolar inscrito.
Inscricións
A inscrición é gratuíta e pódese facer na web ou entregando a folla de inscrición debidamente cuberta e enviala via email, fax ou correo postal, a:
Programa CINENSINO
Avda. do Camiño Francés, nº 4. 1º A
15704. Santiago de Compostela
Tfno.: 981 – 577.142
Fax: 981 – 575.603
Correo electrónico: info@cinensino.com
| Descargar folla de inscrición | |
Unha vez inscrito cada profesor/a recibirá un “identificador” e unha “clave” para poder acceder ao Programa de Teleformación (xa que é de acceso restrinxido).
Datas:
- Calendario teórico:
A Plataforma de Teleformación estará dispoñible (on-line) dende o 15 de outubro de 2011 ata o 31 de maio de 2012.
- Calendario práctico:
A desenvolver por cada profesor/a na aula despois de visionar a película correspondente.





