O viaxe comezara, e comezara felizmente cun suave ceo azul e un mar en calma.

Seguírona ata a cuberta. Todo o fume e as casas desapareceran e o barco encontrábase nun amplo espazo de mar moi fresco e limpo, anque pálido á luz do amencer. Deixaran Londres sentado sobre o seu barro. Unha delgadísima liña de sombra estreitábase no horizonte, apenas o suficientemente grosa para soportar o peso de París que, sen embargo, descansaba sobre ela. Estaban libres de camiños, libres da humanidade e o mesmo xúbilo pola súa libertade recorríaos a todos.

O barco avanzaba con paso firme a través de pequenas olas que o abofeteaban e, logo, esvaecíanse como agua efervescente, deixando un pequeno borde de burbullas e escuma a ambos lados. O ceo incoloro de outubro estaba lixeiramente nubrado, como se se tratara dun rastro de fume dunha fogueira, e o aire era marabillosamente salgado e enérxico. De feito, facía demasiado frío para quedarse quieto. A Sra. Ambrose abrazouse ao seu marido e, mentres se alonxaban, podíase ver, pola forma en que a súa meixela inclinada se acercaba á del, que tiña algo privado que comunicarlle.

Etiquetas: