Destinatarios

Deseñamos unha serie de actividades dentro do Proxecto EquiXen dirixidas á:

Poboación infantil e xuvenil para favorecer a coeducación, no ámbito educativo, en colaboración cos centros escolares.

Corpo de docentes para facilitarlles a prevención, sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero no eido escolar e na sociedade.

Alumnado

Dado que o programa “EquiXen (Equidade de Xénero)” comeza o seu andar no vindeiro curso 2021-2022, imos traballar, este primeiro ano de implemantación coa poboación escolarizada dos segmentos:

  • 4º, 5º e 6º de Educación primaria (“Equidade de Xénero”) con idades comprendidas entre os 9 e 12 anos.
  • 1º ciclo da ESO con idades comprendidas entre os 12 e 14 anos.
  • (Para instaurar o programa os vindeiros cursos con educación infantil (Igualdade de Xénero), e 2º ciclo educación secundaria, bacharelato e FP Básica (Prevención de Violencia de Xénero) segundo sexa solicitado)

O programa vai dirixido ao alumnado como actor e receptor de propostas preventivas debido a:

  • Nestas idades son máis receptivos as actuacións preventivas.
  • Comeza un maior contacto coas novas tecnoloxías portadoras e trasmisoras de valores non sempre axeitados.
  • Aumenta a influenza do grupo de iguais.
  • É o período crítico na formación de crenzas e actitudes.
  • Nesta etapa aumenta a curiosidade e a autoexperimentación.
  • Este intervalo da poboación escolar representa a idade de maior risco para a instauración de crenzas base da convivencia e reprodución de modelos de pensamento de igualdade ou discriminación.

Profesorado

Consideramos fundamental a participación activa do profesorado, auténtico executor e catalizador do programa. A análise minuciosa doutro tipo de programas aplicados con anterioridade demóstrannos que o nivel de implicación do profesorado é determinante na eficacia do programa. Isto é debido a varias razóns, a saber:

  • O seu coñecemento de primeira man do/a alumno/a e do seu nivel de desenvolvemento.
  • A súa maior dispoñibilidade e facilidade de acceso ao alumnado.
  • O feito de ser expertos en tecnoloxía educativa e proveedores de ferramentas pedagóxicas para o alumnado.
  • A súa capacidade de ser promotores de valores.