Obxectivos

Aínda que o fin último que pretende este programa é o de fomentar a igualdade de xénero, estes obxectivos perséguense mediante a secuenciación doutros obxectivos que se estenden desde un ámbito máis xeral a outro máis concreto.

Obxectivos xerais

  • Fomentar a igualdade de xénero na comunidade educativa.
  • Impulsar o principio de igualdade de trato e de oportunidades no eido educativo.
  • Fomentar a educación interxeneracional en materia de igualdade no eido familiar.
  • Contribuir a mellorar a sociedade, equilibrando as posicións de mulleres e homes en todos os aspectos da vida social.
  • Definir un proxecto consolidado de prevención e sensibilización en igualdade na poboación máis nova dos municipios.
  • Fomentar a concienciación e sensibilización social, así como a promoción e adopción de medidas preventivas en materia de violencia de xénero.
  • Dar a coñecer á sociedade os mecanismos de intervención educativa existentes en materia de violencia de xénero.

Obxectivos específicos

• Eliminar ou dimunuir as diferenzas de xénero atendendo as diferentes situacións, roles, necesidades e intereses das mulleres, os homes, as nenas e os nenos para alcanzar a equidade.
• Amosar as diferentes oportunidades que teñen os homes e as mulleres, as interrelacións existentes entre eles e os distintos papeis que socialmente se lles asignan.
• Achegarlles aos alumnos/as un novo punto de vista que teña en conta as particularidades e diferenzas entre homes e mulleres en calquera actividade.
• Atender as diferenzas biolóxicas como orixe das diferenzas de xénero, e os modos en que se determina o papel que desempeñan mulleres e homes que van máis aló das particularidades físicas e biolóxicas que distinguen a cada sexo.
• Comprender que as relacións de xénero derivan dos modos en que as culturas asignan as funcións e responsabilidades distintas á muller e ao home.
• O programa pretende ser unha estratexia para transformar a realidade, un compromiso para mellorar a situación social e lograr unha relación entre xéneros equitativa.
• O obxectivo último dun enfoque de xénero é contribuir a mellorar a sociedade, equilibrando as posicións de mulleres e homes en todos os aspectos da vida social.

Contorno socioescolar

  • Eliminar ou diminuír as diferenzas de xénero atendendo as diferentes situacións, roles, necesidades e intereses das mulleres, os homes, as nenas e os nenos para alcanzar a equidade.
  • Amosar as diferentes oportunidades que teñen os homes e as mulleres, as interrelacións existentes entre eles e os distintos papeis que socialmente se lles asignan.
  • Achegarlles aos alumnos/as un novo punto de vista que teña en conta as particularidades e diferenzas entre homes e mulleres en calquera actividade.
  • Incorporación de actividades educativas encamiñadas á superación de roles e estereotipos de xénero na educación infantil e primaria.
  • Incorporación de actividades de sensibilización de Equidade de Xénero para a promoción da corresponsabilidade e a educación en igualdade e diversidade no alumnado de educación infantil e primaria.
  • Inclusión de actividades de educación afectivo sexual dirixidas ao alumnado do terceiro ciclo de educación primaria e primeiro ciclo de secundaria a través do programa de Prevención da Violencia de Xénero.
  • Incorporación de actividades para a sensibilización e prevención das violencias machistas dirixido ao alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP Básica.

Alumnado

  • Atender as diferenzas biolóxicas como orixe das diferenzas de xénero, e os modos en que se determina o papel que desempeñan mulleres e homes que van máis aló das particularidades físicas e biolóxicas que distinguen a cada sexo.
  • Facilitar a comprensión da orixe cultural das crenzas sobre relacións de xénero que asignan funcións e responsabilidades distintas á muller e ao home.
  • Que os mozos e mozas comprendan, revisen e critiquen os estereotipos de xénero.
  • Concienciar aos mozos e mozas das consecuencias na identidade persoal, nas expectativas profesionais e nas formas de vida de manter ideas estereotipadas sobre o xénero.
  • Ensinar a compartir espazos de estudios, deportes, xogos, comunicacións…
  • Fomentar a construción de grupos mixtos de traballo escolar con representación paritaria na organización e na portavocía.
  • Motivar á realización de actividades extraescolares que favorezan a cooperación e a responsabilidade compartida dos mozos e as mozas.
  • Traballar a forma de axudar ás posibilidades de desenvolvemento persoal preparando a mozos e mozas para o entorno laboral, familiar e social.
  • Transmitir as condutas e habilidades para adoptar un comportamento axeitado que axude a mellorar a comunicación interpersoal entre mozos e mozas no ámbito escolar.