Obxectivos
Aínda que o fin último que pretende todo programa é o de previr a aparición de problemas relacionados coas condutas de abuso e os trastornos adictivos entre os destinatarios do mesmo, isto perséguese mediante a secuenciación doutros obxectivos que se estenden dende un ámbito máis xeral a outro máis concreto.
Obxectivos xerais
-
Retrasar ou impedir o inicio de condutas adictivas no eido escolar.
-
Racionalizar o uso das TIC previndo as adiccións sociais e condutas relacionadas.
-
Reducir a prevalencia e intensidade no consumo de alcohol en menores e adolescentes
-
Contrarrestar a influencia dalgúns factores que poden favorecer a aparición de problemas de abuso e adicción, tales como a falta de información, subxectividade da mesma, crenzas de autoprotección e resistencia ao dano, baixa percepción do risco, etc.
-
Fortalecer nos alumnos/as algúns recursos persoais, familiares e sociais que lles permitan manexarse adecuadamente en situacións de grupo relacionadas coas condutas adictivas.
-
Promover o desenvolvemento de actitudes e valores favorecedores da saúde e a ocupación enriquecedora do tempo mediante ocio e deportes.
En definitiva, atrasar ou impedir o inicio de trastornos adictivos na poboación destinataria do programa.
Obxectivos específicos
Minimizar a influencia dos factores de risco e potenciar aqueloutros facilitadores dunha maior protección, tales como:
- Desenvolver entre os alumnos habilidades persoais e sociais e promover hábitos saudables que contribúan a evitar os trastornos adictivos.
- Retrasar a idade de inicio no consumo das distintas drogas por parte dos menores e adolescentes.
- Incrementar a percepción do risco asociado ao consumo de alcohol entre os xoves e adolescentes.
- Reducir a aceptación social do alcohol, tabaco, cannabis e as drogas psicoestimulantes e aumentar a conciencia social sobre a importancia dos problemas e danos provocados polo consumo de drogas.
- Reducir a prevalencia de bebedores de risco entre os adolescentes.
- Reducir a prevalencia de fumadores diarios entre os adolescentes e xoves.
- Reducir a prevalencia do uso inadecuado das novas tecnoloxías da información e as comunicacións, propiciando un uso controlado das mesmas.
- Reducir a prevalencia das adiccións sociais e condutas relacionadas.
- Potenciar o papel do profesorado na detección precoz dos consumos de drogas, abuso das TIC e outros comportamentos adictivos realizados polos alumnos